HISTORIA
Rita vive unha xubilación feliz sen contacto directo con outras persoas. A única compaña que ten (e desexa) é a do seu gato Cross. Dorme cando lle peta, le, goza cociñando… Até que algo racha a súa rutina: aparece roupa colgada do tendal que comparte co piso de en fronte, que levaba anos baleiro.
Quen comezaría a vivir aí? Poderemos devolver o acougo á vida de Rita?
UN PROXECTO COLABORATIVO
O xogo partiu da web especializada Indiefence co ánimo de crear unha aventura gráfica coa comunidade e documentar o proceso. Estaba previsto que o desenvolvemento durase só dúas semanas porque tentamos participar na AdventureJam 2023, mais non logramos concluílo a tempo. Queriamos que a aventura estivese puída para valorar o traballo de todas as persoas involucradas.
Está pensada para que resulte accesíbel á xente que nunca xogou aventuras (pode ser unha boa porta de entrada) e que ao tempo manteña o interese das persoas que son asiduas ao xénero: ten unha curva de dificultade crecente dentro da sinxeleza da proposta e permite que nos enfoquemos na solución dos conflitos ou nos deteñamos para probarmos canta combinación pase polo noso caletre. É axeitada para todas as idades.
CARACTERÍSTICAS
- Control sinxelo e intuitivo.
- Media hora de xogo agradábel (sen ningún “iso non funciona”).
- Ideal para xogala en compaña (ou sen ela).
- Crebacabezas que participan da narración.
- Un micho riquiño.
- Gráficos debuxados e animados a man.
- Banda sonora orixinal composta por 11 temas.
- Cero referencias a aventuras clásicas e cero rupturas da cuarta parede.
CRÉDITOS
Miguel R. Fervenza Historia, deseño e escritura
Sergio Cia Programación
Ángel Eduardo García Hernández Programación
Raúl Sangonzalo Música
Luis Izquierdo Juez Animación, cor e arte conceptual
Iñaki Fernández Gámez Animación e arte conceptual
Eduardo Llerena Fernández Animación, cor e arte conceptual
Santiago Pianca García Debuxo, cor e arte conceptual
Hugo RoJo Fondos, arte conceptual e inventario
Nacho Rodríguez Animación da escena final
Tania López Moya Logo e menús
Gorka Marcos Pedroso Asistente de deseño, revisión de textos e testeo
Damián Ferreyra Tradución ao inglés e testeo
Maitane Marcos Pedroso Tradución ao inglés
Josune Amboage Traducción ao éuscaro e tradución ao inglés
Miquel Baig Tradución ao catalán
Guillermo de No “Von Nein” Tradución ao alemán
Christophe Pallarès Tradución ao francés
Edu Pozo “chipirón” Revisión de textos e testeo
Alejandro Pascual Testeo
Carlos Remuzgo Testeo
Creada con PowerQuest.
DATOS TÉCNICOS
Título: Clothes Line
Desenvolvedor: Indiefence
Xénero: Aventura gráfica
Resolución: 1920×1080
Sistemas: Windows, Mac e Linux
Idiomas: Galego, éuscaro, español e inglés
Prezo: De balde
Data de lanzamento: 29 de abril de 2024
Contacto: clotheslinegame@gmail.com
Twitter: @indiefence